Hai moita xente que fala do 15M, ese 15 de Maio do 2011 que irradiou o Estado e cada unha das súas nacións de política, ética, achegamento... e que irradiou durante días, semanas ou meses.
Onde nunha cidade tirando a pequena dunha desas nacións se deron durante días asembleas públicas mostrando a esencia da política.
Mais o 15M non foi, ou, alomenos, non foi coma a xente conta. Creo recordar que o 12M e o 15M eran aniversarios dalgo que ocorrera un ano antes. Dalgo que levaba tempo xermolando, e que, no ano seguinte, estoupou coma a primavera estatal, e as primaveras nacionais das varias nacionalidades do estado.
E o 15M non foi sen o 12M, que foi cando se fixo a primeira das convocatorias.
E, realmente, daí saíu algo que, no seu momento máis álxido eu vivín. E creo que,no meu núcleo familiar, só eu.
Eu tamén, hai que dicilo, fun a esa convocatoria só. Non chamei a ninguén. Que chames para que che digan que teñas coidado (como xa se ten en calquera ocasión que saes) e que pensen que é máis perigoso do que se vivira no estado os anteriores 30 e algo anos -por moito que os sucesos máis crueis quedaran tan silenciados coma impunes-, tivera sido moi curioso.
Hai xente que di que a familia é a familia, nembargantes, naquela asemblea podíase ver certo espírito de verdadeira fraternidade e acercamento. Había gañas.
Agora, pasados algo menos de 13 anos, sabemos que, aínda que poida parecer que o partido político "xurdido do 15M" segundo algúns (como máximo, poderiamos dicir, inspirado) -xa se nos avisou que se estaba a formar un partido para aquedar os ánimos de cambio- realmente acalou aquilo, iso non é certo.
A indignación (recordade que se nos chamou "a revolta dos indignados") -e indignad@/e/x/s- segue moi viva. E, por moito que nos machucaran, tamén seguen intactas as gañas do verdadeiro cambio cara unha verdadeira democracia na que toda persoa se saiba ser político e saiba que ten que contribuír á xestión de todo, dende a casa, a familia (mesmo no caso de familias monopersoais temos que, en xeral, a xestión dunha casa excede a xestión persoal), e as comunidades das máis próximas ás máis alonxadas. Dende a bisbarra ata o planeta.
Por iso, por moito que se nos diga que foi un experimento, que rematou, que está nun partido político,etc. tod@s quen estivemos por aló sabemos que non morreu, que segue moi vivo e actual, e é esencial no mundo de hoxe.
Se hai unha esperanza para acabar coa corrupción, o elitismo, as guerras (non falo de mínimas disensións interpersoais senón de guerras entre comunidades, países ou o mundo), etc. todo pasa por nós.
E para iso, temos que, probablemente, mudar moitas cousas. Dende repensar o traballo ou a actividade laboral (expresións que, con bastante probabilidade, nomean categorías opostas, e mesmo, contrarias), repensar o deber, repensar o día a día e as prioridades e, xa que logo, facelas reais, paso a paso, no día a día.
Por iso creo que, dende agora, deberiamos ter como unha das prioridades vitais a emerxencia completa deste novo sistema político dependente das persoas, no canto de que sexan as persoas as sometidas a un sistema político.
Debemos ir con coidado, debemos, posiblemente, algunhas das cousas, facelas de xeito persoal, ademáis de coidar as vertentes comunitaria, comarcal, autonómica/nacional, estatal, continental, planetaria...
E recordar, iso si, que como sistema político realmente completo a este compete a economía, a ecoloxía, a sociedade humana/ a humanidade, a ética e os verdadeiros valores, palabra tan mal empregada e tan maltratada nos discursos partidistas.
¿Úneste?
Si
0 Votes | 0%
Non
0 Votes | 0%
Non sei
0 Votes | 0%
Vouno pensar
0 Votes | 0%
Poll has ended